MARCOS VALLE
03 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?arcos Valle consérvase novo. Quizais a súa música resulta hoxe un pouco máis fría, bastante máis elaborada e toda ela moi medida. Así é como se presenta a xira galega deste brasileiro que, como tantos outros, esfórzase por falar nese castelán tan raro nos concertos en Galicia. Valle tira a un jazz tranquilo, con pouca improvisación e repleto desas influencias que tanto fixeron nos sesenta pola aproximación da bossa nova e a escena norteamericana. Ten máis cousas, porque o tempo non pasa de balde, pero agora parece máis cerca de ser un teclista con ese regusto que deixa o piano Rhodes (habería que ver como está volvendo o sonido do instrumento nos xéneros máis variados) que de ser un cantante de bossa nova. O concerto recompila o xusto e, en moitos sentidos, funciona como unha presentación en sociedade do músico, actualiza o seu éxito de toda a vida e reafirma o interese crecente e actual pola música instrumental. Tranquilo e organizado, así é como soa Marcos Valle nesta xira, con algún toque de progresión, coa banda disciplinada, con frescura xusta no ritmo e con certa monotonía de sonido que fai botar de menos unha maior participación da banda. Marcos Valle.