A distancia podería facer crer que o que sobrevoa a Ulloa, sobre a raia do horizonte, é unha cegoña despistada polo cambio climático. Pero os peregrinos deciden que non, é un anxo de plumas brancas que habita a igrexa de Vilar de Donas e que sinala o Camiño de Santiago desde o aire. Basilio Losada, que definitivamente comprende a lingua das vacas, invoca á beira de Alfredo Conde a presenza do gando que lle obedece, cada vez que pasamos por un prado. Vemos a casa do nigromante Valdemar, hipnotizador titulado en Francia. Susa recita un poema de Ferro Ruibal: «Este universo é obra dun deus...». Cruza unha sombra a cabalo: un viaxeiro vestido de negro coa rubia barba trenzada. Este percorrido polo Camiño de Santiago recupera a iniciativa que Carlos Casares tivo hai 15 anos