Volve unha serie mítica na Galega

La Voz

TELEVISIÓN

OS NOVOS | TVG | 00.15

23 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Produciuna a BBC en 1982, e emitiuna a Galega nos anos oitenta. A serie Os novos acadou tal éxito que desde aquela recibíronse en San Marcos (por teléfono, carta, mail...) moitas peticións para a súa reemisión. Son catro estudantes preguiceiros e antagónicos, que viven nunha casa en ruínas no centro de Londres. Neil, Vyvyan, Sid e Mike. Regresa con nova dobraxe.