O espazo de TVG mostrará á orquestra ourensá Tony Pérez y Los Arquinos nun día de festa Uxía Senlle cantará nesta penúltima edición e será entrevistada por Emilio Guillín
15 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Mundo verbena emitirá os seus últimos programas na noite dos sábados, a partir das 23.45 horas. O espazo de actuacións, entrevistas, humor e reportaxes, contará hoxe coa orquestra Tony Pérez y Los Arquinos na sección de Un día con... O vocalista da mítica formación ourensá será entrevistado no plató e compartirá escenario coa Troulin Orquestra, a banda do espazo. Nesta penúltima edición, unha gran figura da música galega cun indiscutible poderío vocal, Uxía Senlle, responderá ás preguntas do presentador Emilio Guillín, e actuará para o público de TVG. A artista comezou a cantar moi nova, atraída polas máis diversas expresións musicais populares. Desde o inicio, manifestou unha forte inclinación pola poesía galega e encargouse de divulgala a través das súas composicións. Esta noite, na cantina tocará o grupo Os Carunchos e no palco soará a música de Dandy Fever, unha banda que naceu na Coruña a mediados do ano 2002 -con integrantes de grupos desaparecidos como Diskatocam, de Skarnio e Os tres trebóns-, cunha mentalidade musical xamaicana, tanto de ska , de reggae como rocksteady. Mundo verbena, producido por Voz Audiovisual, emitirá ademais as reportaxes Dieta verbeneira e Verbeneiro viaxeiro e nesta ocasión Ghastas pista estará dedicada a unha clase de cha-cha-chá impartida por Camila Bossa e Cou. Noutra banda, os espectadores disfrutarán das seccións Pida por esa boca e Erudición verbeneira.