Humor a base de cámara oculta

La Voz

TELEVISIÓN

05 ago 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Regresa á Galega, con novos aires e novas caras, o formato Pillados, humor a base de cámara oculta, que sempre deu moito xogo na televisión de hoxe. Os encargados de pór a cara na etapa que agora comeza son Mónica García, actriz coñecida por Pratos combinados, e Manuel Puente, Isi, humorista descuberto pola propia TVG no concurso O rei da comedia.