Arquitectura animal

La Voz

TELEVISIÓN

A interesante serie Natureza , realizada por Pórtico, mantén a súa andaina achegándonos a curiosidades e aspectos insólitos do mundo que nos arrodea. Vanse ao Domus de A Coruña, á exposición sobre arquitectura animal na que abellas, ratos, cigoñas ou ornitorrincos, entre outros, artellan sigulares espazos que despois inspiran aos propios arquitectos.