O certame Comarca do Sar conta con 11.400 euros en premios

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

?onvocado polo Centro de Formación Ocupacional Convento do Carme, o Certame Comarca do Sar de pintura chega este ano á súa oitava edición. Co patrocinio dos concellos de Padrón, Rois e Dodro e da empresa Aluminios Cortizo, o concurso habilita un primeiro premio de 6.000 euros, un segundo de 3.000 e un terceiro de 1.500, ademais dun accésit de 900. O prazo para presentar obras remata o vindeiro día 10 e éstas deberán ser enviadas por axencia ou servizo de transporte porta a porta ao centro Convento do Carme, Padrón. Poderán presentarse artistas menores de 50 anos residentes en Galicia, coa condición de enviar unha soa obra que deberá ser inédita. As técnicas, os estilos e os temas son totalmente libres. As obras deberán estar enmarcadas ou protexidas cun listón, pero sen cristal; se son de papel, deberán estar protexidas con material plástico. O fallo farase público o 7 de maio, aínda que as obras estarán expostae no centro ocupacional dende o 23. Máis información no 981 810 044.