O máis popular contador de historias cre que os espectadores apreciarán un producto que fala do amor nesta época na que tanto escasea
15 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Cadaval fala rápido e ri moito. A súa voz din que está contento, e ten motivos para estalo. O contador de historias mais popular achegarase a todos os televisores galegos cada noite dos luns para contarnos un conto antes de durmir. Un conto que se chama A miña sogra e mais eu, producido por Voz Audiovisual e que representa a gran aposta da cadea autonómica de cara a esta tempada. -Creo que a serie ten todos os elementos para ser un éxito. Eu veño do mundo do teatro, pero a miña paixón pola comedia fai que considere como un desafío interesantísimo facer rir aos espectadores desde a intelixencia e a tenrura. -Trátase do primeiro papel da popular Ana Kiro como actriz. ¿Vai ser unha sorpresa descubrila nun novo rexistro? -Si vai sorprender. As táboas nunca están de máis e Ana fíxose a si mesma nunha carreira na que sempre buscou conectar co público. Iso dáche moitísima memoria artística. Para min é un pracer traballar con ela. -A miña sogra e mais e u é unha comedia que pretende reunir no sofá ao avó e o neno que aínda non se foi á cama. ¿É difícil chegar a todos os público s? -Intentamos que sexa intelixible e interesante para todas as idades. Todos se sentirán identificados. O amor é tan pouco frecuente na nosa vida, que penso que vai ser moi agradable para o espectador. -Ides competir directamente con Ana y los siet e, avalada polo éxito de tempadas anteriores. ¿Dá medo ter que enfrontarse ás cifras de audienci a? -Eu teño confianza en que sexa un éxito . Encargáronme unha cousa moi difícil: facer rir sen ofender. Está de moda rir de alguén, pero rir con alguén é complicado. Nós apostamos por iso. - Levas dez anos contando historias polo mundo. ¿A xente necesita que lle conten contos? -É indiscutible. A xente, en calquera situación da vida, necesita entreterse. -Actor, director, profesor na academia de Operación Triunfo en Portugal...Con todo, ¿é a túa faceta de contador de historias a que mellor te define? --Creo que si. Ser contador de historias dáche algo moi importante, estás aí medíndote co público e sentíndoo.