01 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.
A Consellería de Cultura conmemora o Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra hoxe en todo o Estado, coa edición do volume Catro contos para unha data , escritos para a ocasión por Concha Blanco, Pepe Carballude, Xavier López e Helena Villar. O volume presentouse na librería compostelá Pedreira, por ser a gañadora do premio Irmandade do Libro. Unha parte dos 35.000 exemplares editados vanse repartir hoxe gratis nas 275 librerías asociadas á Federación de Libreiros. Outros 1.500 libros irán a centros de ensino e as 350 bibliotecas públicas.