O Concello de Narón, premio Marisa Soto

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

TELEVISIÓN

04 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O Padroado de Cultura de Narón recibirá o día 27 o premio Marisa Soto, distinción de honra dos premios de teatro María Casares da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena. Os socios nominaron para o premio ao mellor espectáculo Acto seguido, de Matarile; Así que pasen cinco anos, de Sarabela; e O canto do dime-dime, de Factoría. A mellor dirección optarán Ánxeles Cuña, Avelino González e Ana Vallés. En interpretación feminina as candidatas son Maxo Barjas, Blanca Cendán e Marta Pazos, e na masculina Fernando Dacosta, Marcos Orsi e Artur Trillo.