Cómo conseguir o disco compacto coa letra galega

La Voz

TELEVISIÓN

O disco compacto que contén os arquivos para instalar nos ordenadores a tipografía Gallaecia Castelo poderá conseguirse con La Voz de Galicia o vindeiro 17 de maio. Pero antes haberá que dar uns sinxelos pasos. En cada entrega da promoción Galicia ó pé da letra , o lector atopará un cupón que corresponde a unha das letras que forman a frase Letra Galega. O cupón figura na portada do periódico, e só haberá que recortalo e pegalo nunha páxina que figura na primeira entrega. Serán en total nove letras, porque o L primeiro e o A final xa están incluídos na páxina. Seis anos de traballo Estas entregas, que só terán un custo adicional de 50 céntimos de euro ademais do prezo do periódico, serán os días 28 e 30 de abril, e os días 2, 5, 7, 9, 12, 14 e 16 de maio. Por tanto, o día 17 se se recortaron tódolos cupóns, completarase a frase Letra Galega, co que o Día das Letras se poderá mercar o cedé, tamén por só 50 céntimos. O disco inclúe a tipografía Gallaecia Castelo en letras maiúsculas e minúsculas, nas súas versións normal e en negriña. Este deseño comezou no ano 1989 e rematou seis anos máis tarde. O traballo fíxose no estudio Variografik de Vigo, baixo a dirección de Carlos Núñez, membro da Asociación Española de Caligrafía e da Asociación Internacional Gutemberg. Máis información: No teléfono 902 154 218, de luns a venres, de 9 a 21 horas.