Os 42 concellos que integran a Rede Galega de Teatros e Auditorios repartiranse ata o mes de xuño próximo 320 funcións escénicas e musicais a cargo de 72 compañías galegas e seis de fóra de Galicia. A programación neste circuíto, ó que onte se sumaron os concellos de Tui, Ordes e Ames, está financiado ó 50% pola Consellería de Cultura, que aporta cada ano a través do Igaem máis de 690.000 euros. A maioría dos espectáculos son de teatro de autor e títeres, 294 das funcións, fronte a 19 concertos de música clásica e tradicional, catro montaxes de danza moderna e tres espectáculos de maxia. O 95% das representacións que teñen lugar en Galicia a cargo de compañías profesionais contratansen a través deste circuíto, no que as actuacións aumentan este ano nun 37,3% en relación co segundo semestre do ano pasado.