Convenio coa Deputación da Coruña

La Voz

TELEVISIÓN

09 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A Deputación de A Coruña e a Fundación Camilo José Cela suscribiron onte un convenio polo que o organismo provincial se compromete a cofinanciar a homenaxe tributada ó escritor, realizada en Iria Flavia na semana do 3 ó 11 de maio do presente ano. A Deputación de A Coruña sufragará o cincuenta por cento dos gastos da homenaxe, valorados en 15.650 euros. Marina Castaño, presidenta da Fundación, agradeceulle ó organismo provincial o continuo apoio prestado a esta institución. Así mesmo, Marina Castaño asegurou que o organismo provincial contribuíu de xeito crucial ó desenvolvemento dos cursos de verán que a fundación desenvolve tódolos anos na súa sede de Iria Flavia. Desde a constitución da fundación, no ano 1986, a Deputación coruñesa, mantivo unha permanente colaboración económica coa institución e un bo número de convenios foron suscritos por ambos organismos coa fin de preservar o legado de Camilo José Cela.