Critican que a obra, pensada en galego e para o país, se presente como se fose dun autor foráneo Assembleia da Língua e a Mesa pola Normalización Lingüística protestaron onte en Compostela pola versión en español da obra de teatro de Castelao. Os dous grupos coincidiron en criticar que un texto como «Os vellos non deben namorarse», escrito en galego, pensado para o público do país e estreado en galego en Buenos Aires en 1961 se presente en Galicia como se fose dun autor foráneo, con apoio da compañía pública do Centro Dramático Galego, que contribuiu con medios, persoal e financiamento. O presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, leu un manifesto da Mesa, asinado estes días por centos de persoas.
28 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Dez persoas secundaron a conocatoria da Assembleia da Língua e desde media hora antes do inicio do espectáculo protestaron con caretas perante o Auditorio, onde era a representación, e había forte presencia policial. A parodia pasou as reprobacións dirixidas ó público que chegaba para presenciar o espectáculo. Ás 21 horas, perante a sede do Centro Dramático Galego, un cento de persoas estiveron na concentración convocada pola Mesa, que espallou por diversos métodos a coñecida frase de Castelao «Debuxei sempre en galego, escrebin sempre en galego, e, se tirades o que hai de galego e de humano na miña obra, non ficaria nada dela». Á leitura do manifesto asistiron dirixentes da organización, políticos como o deputado Francisco Rodríguez e a concelleira de Compostela Encarna Otero, sindicalistas, intelectuais e persoas do teatro. «Acreditamos en que o diálogo entre culturas sempre enriquece. O problema é cando se cai no papanatismo, cando se considera que o noso apenas pode ser valorizado se triunfa en Madri. E, sobretodo, o problema está en que quen abandona o galego para as suas representacións é o ente público con maior responsabilidade na promoción da nosa cultura teatral», indica o manifesto, que leu Pousa Antelo. O texto reproba que se financie esta producción en español nun ano en que o CDG reduce a programación en galego «esquecendo as suas razóns fundacionais».