«Agardo o nacemento dun fillo»

La Voz

TELEVISIÓN

Fernando Ónega, xornalista

03 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Fernando Ónega é un xornalista de longa traxectoria profesional. Articulista en prensa, comentarista radiofónico e presentador de informativos, este lugués é un dos máis destacados periodistas galegos en Madrid. ¿¿Que vai facer o día 17? ¿Vou estar onde sempre, traballando, posiblemente en Madrid. Aínda que todo pode cambiar, porque estou agardando o nacemento dun fillo. Así que quizais estea no paritorio. ¿¿Que libro vai regalar? ¿Eu sempre regalo o último. E agora o último é As chamadas perdidas, de Manuel Rivas. ¿¿Que libro lle gustaría ter como agasallo? ¿O que me gustaría, aínda que o que vou dicir poida parecer unha herexía, sería ter como regalo as obras completas de Valle-Inclán, porque leva Galicia dentro. Eso si, creo que os volumes xa están esgotados. ¿¿Que idea ou suxerencia aportaría para dar un pulo novo á celebración? ¿Creo que fan falta iniciativas como as da Biblioteca 120, que difunde obras da literatura galega polo prezo asequible dun euro. Sería bo que os editores fixesen un esforzo e que se fixese un desconto en obras escolleitas para venderse ese día. Outra idea sería a de facer un premio das Letras Galegas, que non premiase a santóns, senón ós autores máis destacados do ano, nos seus respectivos xéneros, aínda que se repetisen. Porque os autores que escriben en galego merecen ese recoñecemento.