INSIGNE MASÓN

ANTONIO CARRO FERNÁNDEZ-VALMAYOR, mestre masón

TELEVISIÓN

01 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Poucas veces a historia de Galicia nos presentou un exemplo tan claro e fondo de compromiso humanitario como é a vida e a obra dese insigne Masón que foi Manuel Leiras Pulpeiro, vate das letras galegas. Ese trasfondo ético que percorre todo o pensamento deste «venerable cantor» de Galicia como o apodou o seu discípulo Antón Villar Ponte empapa e transcende a toda a súa obra literaria. Compromiso cos humildes Nunha Galicia agarrotada e desgarrada polas contribucións, o sectarismo relixioso, a emigración e o caciquismo, el amosounos outra Galicia máis chea de ledicia, máis libre e esperanzada. Na súa obra latexa a permanente idea de construír e instruír ó home-muller do seu tempo, de lograr esa «vallibria redemta» exportable a tódolos recunchos da súa querida terra, de conseguir o obxectivo irrenunciable da liberdade persoal. A premeditada ausencia de todo tipo de protagonismo persoal na súa filantrópica actuación e o seu compromiso coa xente humilde foron, se cabe, máis alá da súa magnífica obra literaria, da que temos un exemplo na publicación de Cantares galegos , a máis sobranceira do autor. Tratado con respecto e consideración por propios e estraños, o seu enterro en Mondoñedo foi unha das manifestacións laicas máis entrañables, multitudinarias e emotivas que lembra o pobo galego. Honremos a súa memoria. Meréceo. ¡Ai, Morte, canto xa tardas en me levares contigo! ¡Ben se ve que non te doies das dores dos coitadiños!