«A terra vive con nós»

TELEVISIÓN

XOÁN CARLOS GIL

Augusto Pérez Alberti, xeógrafo gañador do premio Trasalba Minutos despois de ter noticia de que lle concederan o premio Trasalba, Augusto Pérez Alberti chegou ao que fora o pazo de Otero Pedrayo. Parecía cousa de maxia: un prodixio de velocidade ou, se cadra, de premonición. Pero non había milagre ningún. É que andaba por Arrabaldo, a catro quilómetros, na casa dos seus pais. A el, tan afeito a buscar nos montes e nas chairas a alma do mundo, o galardón colleuno por sorpresa. Di que o importante é o traballo. E lembra que a terra non só está viva, senón que vive con nós.

27 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

«¡Claro que é unha satisfacción...!», dicía no mediodía de onte Augusto Pérez Alberti despois de coñecer a concesión do premio Trasalba. E na voz, máis alá das palabras, notábaselle a emoción desatada por un premio que lle conceden na terra onde os seus pais medraron; nos Chaos de Amoeiro, no Ourense do que a súa familia ¿el naceu en Tortosa, na provincia de Tarragona¿ tivo que emigrar. Un premio, conta el, que vén ser «o recoñecemento a moitos anos de traballo». A un labor do que queda constancia escrita dende o ano 1979, que foi cando saíu do prelo a súa primeira publicación. ¿¿E a pesares de tanto como leva investigado sobre a xeografía galega, que é o que aínda falta por saber? ¿Cal é o maior enigma? ¿Descubrir cando se formaron esas grandes planicies que hai nos Bergantiños, e en Ourense, e ao pasar a Terra Cha... ¿¿E co clima, que acontece? ¿O clima do pasado, sobre todo nos períodos máis próximos, xa o imos coñecendo bastante ben. Sabemos cada vez máis da súa evolución. E sabemos, por exemplo, o moito que influíron na nosa paisaxe as épocas máis frías. ¿¿Realmente cambia tanto como se di? ¿O clima está cambiando sempre. O que pasa é que temos que estudialo sobre períodos de tempo moi longos. Pero cambia, si. Nós sabemos que na época romana Galicia era unha terra máis quente que agora, que había un par de graos máis de temperatura, que o nivel de mar era algo superior. E que sen embargo foi para unha época de gran fertilidade. Pero o cambio climático non é o que máis preocupa... ¿¿Que lle preocupa, entón? ¿A modificación das condicións ambientais, que é algo no que nós si temos moito que dicir. É moi importante que deixemos de contaminar, que sexamos máis coidadosos co lixo, que deixemos de danar as augas do mar e dos ríos. A terra non é o escenario dun teatro, que se cambian segundo se quere. Hai unha interacción entre ela e nós. ¿E volvendo ao cambio climático, ¿como influirá no noso futuro? ¿O futuro do clima sempre será, para nós, descoñecido. Non temos as ferramentas necesarias para predicilo con seguridade. ¿Pero se hai un fenómeno de quencemento terrestre... ¿O que debemos ver, tamén con respecto a iso, é cáles son as consecuencias da actividade humana. As modificacións climáticas son moi lentas. Non podemos precidir o futuro. Xamais saberemos que é o que nos ten escrito a natureza.