Nos versos de Códice Calixtino tamén habitan outros escritores, que deixaron a súa pegada sobre a autora. Borges e a súa literatura complexa e enigmática, Luís Pimentel e a súa condición doble de poeta e de médico, entre eles. Igual que o autor lugués, Luz Pozo publicou os seus primeiros libros ¿Ánfora e El vagabundo¿ escritos en castelán, debido a que na súa formación pesaron moito escritores nesa lingua. Pero tamén lembra como na súa casa os seus pais recitaban a Rosalía, Pondal e Curros. Manuel María foi o primeiro en publicarlle un libro en galego, O paxaro na boca. Luz Pozo lembra con agarimo todas estas influencias, e subliña a de Eduardo Moreiras, coa súa poesía sobre as «paisaxes extremas» do Courel. Da relación epistolar que iniciaron en 1946 xermolou un libro de poemas, Ánfora.