-¿Quen son os teus músicos favoritos? -Milladoiro foi sen dúbida un claro referente na miña aprendizaxe. Dende pequena sempre me fixei moito nos gaiteiros vellos como o meu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela,... Hai grupos como Berrogüetto, Uxía, Leilía, Diplomáticos de Monte Alto, Kepa Junkera, que tamén me gustan moito (...) -¿Que tal a relación con Cristina Pato? -Dende o principio, houbo moita xente que fixo todo o posible para crear unha confusión e unha rivalidade entre as dúas. Eu non teño relación con ela e tampouco teño pensado colaborar con alguén con quen non comparto nin o gusto nin as formas. -Susana, nestes intres de «gaitas» electrónicas, gaitas con forma de animal palmípedo, ¿non cres que o son do noso instrumento se está a desvirtuar? -Penso que tes algo de razón pero cada un é libre para adaptar o instrumento á súa personalidade, aínda que nalgún caso se queira chamar tanto a atención que a algúns xa nos poida parecer algo hortera e sen sentimento.