O libro de Carlos G. Reigosa entra a formar parte da Biblioteca Galega 120
21 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Carlos González Reigosa (A Pastoriza, 1948) quixo recoller nesta novela, Crime en Compostela, aqueles personaxes composteláns cos que compartía vida e venturas nos anos que traballou en Santiago. O resultado foi un éxito de vendas, o premio Xerais e o recoñecemento dos lectores. O autor conta que unha das súas satisfaccións foi «cando a xente te paraba e dicía que fora capaz de rematar a novela, cousa que con outros libros en galego non lles pasaba entonces; penso que este libro serviu para animar a moita xente a ler en galego». Nace Nivardo Castro Crime en Compostela supón o nacemento do peculiar investigador privado Nivardo Castro, ó que Carlos Reigosa lle daría traballo despois noutras das súas obras. Neste caso, deberá resolver un crime cometido en Santiago, contando para iso coa axuda do seu amigo, o xornalista Carlos Conde. O escritor recoñece que a aceptación desta novela por parte dos lectores, ata vender cincuenta mil exemplares, contrastou co frío recibimento por parte da crítica culta.