Coñecidos ilustradores

La Voz

TELEVISIÓN

30 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O equipo de debuxantes e ilustradores de La Voz será o encargado de dar vistosidade ós minirrelatos dos coñecidos autores galegos que participan nesta experiencia. E será en concreto Abraldes (Barcelona, 1971) quen se ocupe este ano de poñer imaxes ó texto de Marilar Aleixandre, dando continuidade ó traballo levado a cabo na edición anterior por Miguelanxo Prado con O xabaril branco». Coma entón, o labor deste coñecido artista -un dos seus traballos recentes foi a ilustración da serie das 100 ideas para situar a Galicia en el milenio publicada por este medio- será recollido posteriormente en libro coa edición que a finais de setembro fará Ir Indo da novela Unha presa de terra. A mesma editorial, como xa se anunciou, recollerá nun volume os 124 relatos dos lectores que sexan seleccionados; e noutro, dúas das obras finalistas do premio de novela por entregas (O asasino bífido, de Breogán Riveiro, e O Jalisco, de Fernando Salgado García), en tanto que Blues da ría, de José Ángel Xesteira, sairá da man de Xerais. Abraldes, que desenvolve a súa actividade profesional en La Voz de Galicia dende hai algo máis deun ano, traballou tamén anteriormente en diversos proxectos de animación.