CONCHA COSTAS
24 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.«O galego non vai desaparecer». Así de claro o ten Concha Costas, presidenta da Mesa Pola Normalización Lingüística. Pero non quere «un galego de museo, de usos oficiais, cara a galería, como ás xentes que o falan diante dunha cámara ou os políticos que só o usan de xeito oficial». Entende que «isto ten amaño» e para iso ten que cambiar a actual Política Lingüística, que ten un orzamento de tres mil millóns anuais «e non se ven os resultados». En canto ó descenso de galego falantes na xente nova, Concha Costas pensa que se debe a dúas cousas: A ruptura xeracional que fai que os pais non lle falen galego ós fillos, por moitas razóns, entre elas velo como un atraso, e que non se está «regaleguizando a través da política lingüística en terreos como «a música, os ciber,... Aí non se fai nada».