A entrega, ó 20 de maio en Padrón

La Voz

TELEVISIÓN

16 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

A entrega dos premios do Pedrón de Ouro e de Honra terán lugar o domingo, día 20 de maio, no curso dun acto na Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón. O mantedor encargado da louvanza dos méritos contraídos polos dous galardoados será Antón Reixa, un artista polifacético e multimediático, e un observador lúcido e crítico dos signos destes tempos. Reixa traballa actualmente na posta a punto da versión cinematográfica de O lapis do carpinteiro, a novela de Manuel Rivas. A rodaxe comezará a finais do vindeiro mes de xuño. A entrega dos «pedróns» empezará cunha misa. Á unha da tarde terá lugar o acto literario coa intervención do mantedor e os homenaxeados e despois haberá un xantar.