Ferido en Teruel mentras tomaba un café

La Voz

TELEVISIÓN

Marino Dónega dicía que era un home de sorte, a pesares de que na Guerra Civil foi ferido en Teruel, pero non nunha dura batalla senón mentres estaba tomando un café. Contaba que «déronme seis puntos na cabeza. Díxome o médico que non tiñan anestesia e se me cosía igual.

02 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Eu vin alí unhas rapazas que miraban para min e dixen que sí». Contaba esta historia e logo deixaba escapar unha gargallada. Otero Pedrayo nun tanque republicano. Cando Marino Dónega foi mobilizado e chegou a Teruel «atopou a Ramón Piñeiro cando estaban atravesando o río», contaba onte Carlos Casares. Os dous cruzaron a ponte e alí, dentro dun tanque republicano que non funcionaba, atoparon un libro de Otero Pedrayo. «Supoño que o soldado do tanque leería a Otero», di Casares. Dónega e Piñeiro intentaron que o capitán da compañía lles dera o libro pero non o conseguiron. «Viviu verténdose en Galicia». Salvador García Bodaño, que tamén se enterou por este xornal da morte de Dónega, eloxia a figura dun «galeguista profundo, cordial, afable». Conta que Ramón Piñeiro sempre o presentaba como o home do sorriso e así o define Bodaño: «A cara xovial do galeguismo». Iso facía que, na súa opinión, conectara moi ben coa xuventude. Escolma das obras de Castelao. Dónega fixo unha escolma das obras de Castelao, cando parte das obras do polígrafo rianxeiro estaban prohibidas. Este é un feito que salientan os que o coñeceron. Vencellado a Domingo García Sabell. Marino Dónega foi secretario da Academia Galega mentres Domingo García Sabell presidiu a institución. Onte, a familia de García Sabell non lle dera a noticia «porque son moi amigos e vai afectarlle moito; enterarase mañá (por hoxe) cando o vexa no xornal».