Autora de versos, dramas e contos

La Voz

TELEVISIÓN

Coetánea dos escritores do grupo Brais Pinto, Xohana Torres empeza a escribir poesía cando aínda é estudiante en Ferrol, sendo alumna do profesor Carballo Calero, o seu mestre. Pero non é ata 1959 cando aparece o seu primeiro poemario, Do sulco, toda unha revelación literaria naqueles anos, no que a súa autora innova mesmo o sistema de puntuación. O segundo poemario é de 1980, Estacións ao mar, polo que recibe o Premio da Crítica española no 1981. Entre unha e outra obra publica a súa primeira e única novela, Adios, María, coa que obtén o premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires en 1970. O teatro tamén ten un lugar na producción literaria de Xohana Torres, mesmo como actriz, posto que nos anos sesenta formou parte do grupo ferrolán Teatro-Estudio. Ten aportado ó xénero dramático A outra banda do Iberr (1966) e Un hotel de primeira sobre o río (1968). O munfo infantil tamén forma parte do universo literario desta escritora, con varios contos publicados, adaptación e traduccións ó galego.