Mañá, monográfico de La Voz no vinte cabodano de Cunqueiro

REDACCIÓN A CORUÑA

TELEVISIÓN

Un monográfico especial de 48 páxinas sobre a vida e a obra de Álvaro Cunqueiro constituirá a homenaxe que La Voz de Galicia rinda mañá ó gran autor mindoniense ó se cumpliren vinte anos do seu pasamento. O número especial, que responde ó modelo dos xa dedicados a personaxes como Alfonso Rodríguez Castelao, Manuel Murguía e, recentemente, a Ramón Otero Pedrayo, recolle traballos de algúns dos maiores especialistas na materia: Paz Gago, Anxo Tarrío, Ponte Far, Euloxio Ruibal, Camilo Franco, César Antonio Molina, Siro, Loïc Fravalo, Alonso Montero, Rodríguez Fer, Olga Novo, César Morán, Camilo Valdehorras, María Xesús Nogueira, Dorinda Rivera, Del Riego, Víctor Freixanes, Carlos Fernández, Xosé Manuel García, Franco Grande, Carlos Casares, Armesto Faginas, Blanca-Ana Roig, Eulalia Agrelo e Isabel Mociño. Todos eles, baixo a coordinación de Tucho Calvo, ofrecen una visión global do autor mindoniense, tanto na perspectiva vital como na de poeta, dramaturgo, narrador, debuxante e xornalista, actividade esta última que tamén desenvolveu nas páxinas deste xornal.