MIGUELANXO FERNÁNDEZ
08 ago 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Foi en maio de 1985, no Carballiño. Era o protagonista do telefilme Monsignor Quixote que a Thames británica estaba a filmar sobre a novela homónima de Graham Greene que tanto cabreara a Chano Piñeiro polo que consideraba un falso retrato dos emigrantes galegos en México e arredores. Xa se poden supoñer o que representou para min (daquela un cinéfilo case enfermizo...) que polas rúas da túa vila, case o pé das pantallas dos desaparecidos cines Alameda e Rivas, se pasease nada menos que o flemático coronel Nicholson de El puente sobre el río Kwai, o envarado príncipe Feisal de Lawrence de Arabia, o afectado emperador Marco Aurelio de La caída del Imperio Británico ou o revolucionario Yeugrav de Doctor Zhivago. E por suposto o Obi-Wan Kenobi de La guerra de las galaxias. Quen non lembra aínda esas películas. Foron días de gloria. Daquela xeira conservo unha novela autografada por Greene, unha casete coa película conseguida dunha emisión norteamericana e unha foto do finado acadada ó remate dunha rodaxe cun sinxelo «¡Sir Alec, please!».