Trátase dun espazo no que poder seguir, a través de videoconferencias, os eventos relevantes do audiovisual galego.
22 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.A Axencia Galega do Audiovisual da un paso máis na súa aposta pola difusión dos contidos galegos en Internet e tras acadar certa sona co lanzamento o pasado decembro do Teutubo (unha mediateca chamada a recoller as pezas galegas que están esparexidas na rede), agora anuncia a primeira emisión do Teutubo TV, unha nova sección da súa web na que todos os interesados poderán seguir, ao vivo e a través de videoconferencia, eventos que sexan de relevancia para o audiovisual galego. Nun principio será unha ferramenta que se empregará nos festivais que desenvolvan actividades de formación ou de produción e, posteriormente, nalgúns actos que teñan lugar na sede da Axencia Audiovisual Galega. O seu bautizo de honra tivo lugar o día 23 a partir das 11:00 horas co seguimento por videoconferencia do transcurso dunhas xornadas sobre O futuro do documental que se van a desenvolver no Festival Play-Doc de Tui. O sábado 24 os internautas poden seguir a charla O documental: financiamento e mercado. Qué hay que facer no século XXI? . Unha nova «canle de televisión» acaba de botar a andar en Galicia. E o mellor é que non entende de fronteiras.