Patrocinado porPatrocinado por

Rosa Quintana: «Bruxelas agradeceu moitísimo os nosos informes de impacto»

e. abuín REDACCIÓN / LA VOZ

SOMOS MAR

A representante das comunidades regresa «satisfeita» porque, en liñas xerais, Galicia acadou os obxectivos

19 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras case 30 horas de vixilia, Quintana xa non sabía «se me chamo Rosa ou María». Cansa, pero satisfeita porque Galicia, en liñas xerais, acadou os seus obxectivos.

-Qué porcentaxe das súas demandas acadou Galicia?

-Menos a pescada do Gran Sol, no resto fomos salvando. Entendiamos, porque os informes así o avalaban, que se podía conseguir un roll over (mesma cota) sen poñer en perigo a sostibilidade biolóxica. Quedamos nun -5 %. Digamos que é xustificable e entra dentro do rango que nós considerabamos viable para o sector. Tamén logramos para o xurelo da zona IXa o que pediamos e o que dicía o ICES, que se podía subir ata o 24 %. No xurelo da VIIIc pouco podiamos facer, porque os datos científicos din que non está en bo estado, pero pedimos aumentar a flexibilidade entre zonas e nola deron. Ademais, vai haber un incremento de xarda do 41 %, que cos swaps (intercambios) será do 50 %; o lirio tamén sube un 2 %; os rapantes un 24 %... E na cigala conseguimos que por fin se senten os científicos españois cos do ICES para facer unha reevaluación dos datos, co cal é posible que se poda abrir.

-Xa o ano que ven?

-Se se fai esa reevaluación, si. Por iso que, en liñas xerais, os obxectivos están acadados, polo menos os de máis impacto na flota de artes menores. Hai que ter en conta que a situación de partida era malísima. Ademais, con un comisario novo que nunca sabes como vai responder.

-O éxito pode ter que ver coas técnicas de «lobby» que adoptou Galicia?

-A verdade é que cando hai 15 días estiven reunida co director xeral de Pesca (DG-Mare), Bernard Friess, el e os seus servizos agradeceron moitísimo os informes de impacto socioeconómico que lles trouxemos. Nos dixeron que lles deran moita luz. E hoxe pola mañán [por onte] díxome que estaba moi satisfeito co traballo de Galicia e que si Galicia estaba feliz, el tamén estaba feliz. Loaron moito o traballo serio que fixemos cos estudos sobre o xurel e a pescada, o das aletas de tiburón adheridas, o da cigala... Viñemos co sector, despois trouxemos o vídeo para que viran a importancia que en Galicia ten esta actividade... Eu creo que todo iso axudou moito. De feito, á presentación do vídeo viñeron todos os xefes de área da DG-Mare e todos nos dixeron que os informes de Galicia eran moi bos.

-O bacallau estivo entorpecendo as conversas. Afectará á flota galega?

-Non. Atañe á flota que pesca máis dun 20 % da especie e nós xa temos aprobada a norma que mellora a selectividade da arte e que vai entrar en vigor en xullo.

-Foi boa a coordinación co ministerio?

-Si, si, boa.

-Fixo xa os números do que perde ou gaña Galicia co resultado.?

-Aínda non. Agora ao chegar á consellería, farémolo. Creo que imos quedar practicamente igual, perderemos un 0,40 % da cota.

-É dicir, que salvou os mobles...

-Mantivemos o barco a flote que iso é importante.