Patrocinado porPatrocinado por

Estas son as explotacións que recibiron axudas para plans de mellora e  incorporación de mozos

Somos Agro REDACCIÓN

AYUDAS

Foto Suso

Un total de 533 persoas recibiron axudas para ampliar as súas empresas agrarias; 356 mozos obtiveron un empuxón económico para reincorporarse e outras 200 persoas recibiron axudas para as súas granxas

12 feb 2020 . Actualizado a las 13:39 h.

Un total de 1.089 persoas foron beneficiarias na convocatoria do 2019 dos 40,4 millóns de euros cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e  repartidos pola Consellería de Medio Rural para plans de mellora, incorporación de mozos e pequenas explotacións. Segundo a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), 533 beneficiarios recibiron un total de 24,9 millónes de euros para mellorar as súas granxas, mentras que un total de 356 mozos e mozas obtiveron unha contía global de más de 12,4 millóns para crear as súas propias empresas agrarias. Do mesmo xeito outras 200 persoas pediron axudas para acometer melloras nas súas pequenas explotacións. Leváronse un total de tres millóns de euros no conxunto. Este é o listado de beneficiarios.

Por outra banda, o DOG publicou tamén os beneficiarios de axudas a explotacións agrarias especializadas na producción vexeta, cofinanciadas co Fondo Europeo agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)l. Esta liña de subvencións dispuxo de un total de  320.000 euros.