O reto de Fernando Muñoz Guzón, novo decano da Facultade de Veterinaria da USC: ampliar o grao a seis anos 

Somos Agro REDACCIÓN

SOMOS AGRO

O obxectivo desta medida é homologar estes estudos aos estándares europeos

20 nov 2025 . Actualizado a las 18:18 h.

O profesor da área de Medicina e Cirurxía Animal da USC Fernando Muñoz Guzón foi elixido este xoves como novo decano da Facultade de Veterinaria, nun proceso no que obtivo 52 votos a favor, 13 en branco e 1 nulo. Muñoz Guzón agradeceu a confianza depositada e sinalou que o seu equipo aspira a «continuar o labor realizado polo actual equipo decanal cun equipo novo e con moitas ganas de traballar», según explican dende a USC nun comunicado.

Entre as prioridades do seu mandato destacou un obxectivo clave: ampliar a duración dos estudos de Veterinaria a seis anos, co fin de homologar o grao aos estándares europeos.

O novo decano sucede no cargo ao profesor Gonzalo Fernández. Doutorouse en 1999 na Universidade Complutense de Madrid coa tese Comparación clínica, radiológica e histológica del uso de implantes dentales con o sin carga en el perro. Estudio experimental. Ao longo da súa traxectoria foi profesor asociado de Ciencias da Saúde, investigador do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia, profesor contratado doutor e, na actualidade, profesor titular da USC.

Muñoz Guzón forma parte do grupo de investigación Cirurxía experimental. Cirurxía, radioloxía e ecografía experimental veterinaria, desde o que desenvolve a súa actividade investigadora.