Laura Vila, primeira expulsada de «Salvaxe»: «O programa e as probas son duras de verdade»

CARLOTA GARCÍA LUCAS REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Á dereita, a concursante expulsada Laura Vila conversa coa presentadora de  Salvaxe , María Lamela
Á dereita, a concursante expulsada Laura Vila conversa coa presentadora de Salvaxe , María Lamela TVG

A segunda entrega do primeiro «reality» de aventuras de TVG emítese este luns a partir das 22.35 horas

08 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A primeira expulsada de Salvaxe, o concurso de supervivencia que emite a TVG e producido por Voz Audiovisual, chámase Laura Vila, ten 35 años e é de Lugo. O primeiro reality de aventuras da canle autonómica galega, presentado pola vilalbesa María Lamela, emite mañá, luns, o seu segundo episodio coa presenza dos dezasete concursantes que continúan na aventura. Vila recoñece a dureza das probas que se desenvolven todas en exteriores, en localizacións da costa e do interior de Galicia. A súa saída aconteceu tras quedar de última nunha proba na que cada concursante tiña que arrastrar unha zorra con sacos que pesaban 50 kilos.

—Como se sentiu ao ser a primeira expulsada?

—Pois ben, eu tenteino ata o final, pero era imposible... Como vou tirar de 50 quilos de peso se peso 50 quilos? 

—Vostede pensaba que sería así de esixente en canto á preparación física?

—Non! Que va, nin de coña. Eu pensei, pois claro, tes que sobrevivir, tes que facer probas físicas, pero non todo é o físico. Ou sexa, nun programa de supervivencia non é todo físico. Foi o que pensei eu… que habería máis probas de tipo mental para poder sobrevivir. Pero aquí se te fixas, ou tes boa forma física ou marchas. É que non hai outra. É decisivo porque o programa e as probas son duras de verdade.

—E a convivencia, como a viu os primeiros días? Tiña algún aliado?

—Eu con quen máis faragullas fixen foi con Dani. Xa sabes como é! Franco e directo, temos fisicamente condicións semellantes, non é dos que vai por detrás… Non cala tampouco o que pensa, coma min, que xa sabes como son…

—E que pensa do resto de compañeiros?

—Eu  son unha persoa moi directa e é algo que valoro moito. Non creo que eles estivesen a ser de todo sinceros e eu creo que logo habería problemas... Quero dicir, eu gañei. No primeiro programa son a que máis saio e claramente a máis protagonista, dicía todo como sentía… É iso é que os outros non se mollaban coma min. 

Notaba que os comentarios ían por detrás, pero logo, nas galas, calábanse as cousiñas. Eu son unha persoa moi directa e unha personalidade forte e se chega a votar o público sei que eu sigo dentro. Téñoo clarísimo, díxomo todo o mundo. 

—Como foi, entón, a súa experiencia en xeral?

—Para min co feito de ter participado, as entrevistas que me están facendo e a visibilidade que deu o programa… realmente sei e dime a xente que lles encantei… Eu con iso xa gañei.