«Atrápame se podes» convoca un casting para buscar concursantes

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

As probas terán lugar o vindeiro martes 9 nas instalacións de Voz Audiovisual en A Coruña

06 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa da TVG Atrápame se podes, presentado por Paco Lodeiro, abre as súas portas para buscar novos concursantes. O espazo televisivo quere atopar xente espontánea e divertida para ser quen de responder con moito humor. Ademais de posuír estas dotes, o único requisito é ser maior de idade.

O casting levarase a cabo o vindeiro martes 9 de novembro dende ás 11 ata as 18 horas. Os candidatos deberán presentarse nas instalacións da produtora Voz Audiovisual no Polígono da Grela na Coruña. No caso de non poder asistir, os interesados poden enviar os seus datos de contacto, incluíndo nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación á dirección atrapamesepodes@crtvg.gal.

O programa leva repartidos entre os concursantes máis de 30.000 euros. Este sábado chegará aos 10.000 euros de bote. O espazo é o programa máis visto en Galicia na súa franxa de emisión. Consolídase no prime time cunha audiencia media que supera os 110.000 espectadores. En cada programa participan cinco concursantes que chegan o sábado e marchan o mércores. Neses cinco días teñen a posibilidade cada xornada de levar o bote ou, se non, un petisco de 200 euros. O espazo divídese en catro fases cuxas preguntas están caracterizadas polo seu humor e entretemento. Paco Lodeiro encárgase de adozar 35 minutos de pura emoción televisiva.