«Come a comarca» mostra a singular gastronomía da comarca de Fisterra

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Os concursantes deberán cociñar tortila de ourizos, congro e calleiro de castañas

02 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Come a comarca, que volve este martes á grella da TVG ás 22.25 horas da noite con novos programas, para desta volta en Fisterra. O equipo de cociñeiros vista esta comarca para coñecer de primeira man os segredos da súa gastronomía e aprender os pratos máis tradicionais da zona. Neste caso o menú estará composto por tortilla de ourizos, caldeirada de congro e calleiro de castañas.

O programa producido por Voz Audiovisual e que conduce Fran Cañotas mostra a variada e rica gastronomía que existen a lo ancho e longo de toda Galicia. Os seus cinco participantes, cociñeiros afeccionados, enfróntanse na proba final aos mellores cociñeiros profesionais da zona facendo os pratos nos que son especialistas.

Nesta ocasión será Sefa Ínsua, xefa de cociña do restaurante O Fragón, a encargada de guiar aos participantes pola historia gastronómica fisterrá. Enrique Coo, da peixería-restaurante Mar Viva, en Corcubión, explicaralles como manipular e cociñar un produto tan delicado como son os ourizos de mar.

Tamén visitarán un dos mellores sitios onde comer congro de toda a comarca: o restaurante A Casa do Peixe, en Muxía. Alí Belén Lema ensinaralles toda a tradición que rodea a este peixe e os segredos para a súa exquisita preparación. E por último, pero non menos importante deberán poñer os cinco sentidos en aprender a preparar unha sobremesa tan particular como é o calleiro. A encargada de pórllelo un pouco máis fácil será Teresa Pombo, do restaurante Casa Valentín, a muller que máis calleiros fai o forno en toda Galicia. Ela daralles uns consellos aos cinco participantes para ser máis rápidos na elaboración dunha sobremesa típica de Semana Santa e da época da matanza do porco.

Un xurado formado por veciños

A proba final terá lugar no paseo da Ribeira de Fisterra, onde os cinco concursantes deberán demostrar todo o que aprenderon fronte aos mellores cociñeiros da comarca como son Manolo Pallas do restaurante O Rincón da Baiuca (Muxía), Jacinto Picallo e Diana Fuente do Semáforo de Fisterra, e Junquera Domínguez e Aroa Castiñeira do restaurante Tira do Cordel (Fisterra). O xurado que deberá decidir que pratos son os merecidos gañadores estará composto por quince veciños da comarca de Fisterra, que serán os encargados de degustar as elaboracións dos dous equipos e deberán escoller aos gañadores.