O coronavirus persegue a unha deseñadora da Mariña: vive en China, foise a Italia e agora está nos Alpes

A cervense Ana Río, de China a Italia: «Por coincidencias, fun escapando de milagre do coronavirus e acabei aquí»

Ana Río estivo en Vigevano e agora en La Salle, nos Alpes italianos.
Ana Río estivo en Vigevano e agora en La Salle, nos Alpes italianos.

viveiro / la voz

A deseñadora cervense Ana Río Vilar vive en Shenzhen (China) dende fai doce años. Unha cadea de casualidades levárona á terra do seu home, tamén deseñador. A Italia chegou moi pouco antes de que a situación do coronavirus empeorase no país asiático. Pero extenderíase con máis crudeza ao italiano, onde están confinados acompañados da súa filla. O lugar é La Salle-Morge, nos Alpes italianos, un pobo pequeno de postal con montañas nevadas. A xefa de deseño do departamento da feira do moble de Shenzhen recoñece que «por coincidencias, fun escapando de milagre». Así iniciou o seu periplo: «No fin de ano chino íamos ir de vacacións a Filipinas. Pero houbo un volcán en Manila e un terromoto xusto onde íamos ir. Aparte, por unha taquicardia tiven que ir ao hospital e chamáronnos de Italia para dicirnos que o pai do meu marido enfermera. Foi todo así... Cancelamos a viaxe a Filipinas e decidimos vir a Italia, antes de que empezara o corona en Shenzhen. En Wuhan había algún caso, pero non se sabía que ía a pasar. Unha semana despois avisáronnos do traballo que prolongaban vacacións. No noso caso, doume cun canto nos dentes porque estamos aquí illados agora mesmo e non estamos mal. Ao pouco empezaron casos en Codogno, relativamente preto da cidade dos meus sogros, a uns 50 quilómetros, en Lombardía. Empezaron a pechar todo na chamada «zona vermella». Ao principio parecíame incrible que, co que pasaba en China, non se deran conta en Europa. Vino moi surrealista e relaxado todo e eu víame impotente por como me contestaba a xente, dicindo que non pasaba nada, que estaba todo controlado ou era unha simple gripe.

Gracias por leer La Voz

Suscríbete al periodismo sin límites hecho en Galicia

WEB+APP
Lee todas las noticias en la edición digital y la aplicación, accede a contenidos exclusivos y disfruta de una lectura sin publicidad intrusiva
VERSIÓN PDF
Accede a la réplica del periódico en PDF, a todas las ventajas de la suscripción WEB+APP y a la hemeroteca de La Voz desde 1882

O coronavirus persegue a unha deseñadora da Mariña: vive en China, foise a Italia e agora está nos Alpes