Bruno Casal, da Universidade de A Coruña, é un dos autores que participaron neste pioneiro estudo
05 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Bruno Casal, da Universidade de A Coruña, é un dos autores que participaron neste pioneiro estudo.
-¿Os resultados son os que esperaban?
-Sí. Todo encaixa co que vimos na literatura e con estudos que se fan en outros países como Estados Unidos. Pensamos que é necesario que a sociedade poida coñecer este tipo de información.
-¿Hai algún aspecto que lle chamara a atención?
-O tema das mortes prematuras sempre chama a atención. Aquí estimamos a produción que se perde porque unha persoa morre antes do que lle toca en función da esperanza de vida que temos. Contabilizamos todo o que se deixa de aportar.
-O que supón un enorme custo é a atención dos enfermos con VIH/Sida a causa das drogodependencias. ¿Por qué?
-Porque as terapias antirretrovirales de alta intensidade son moi caras. De media supoñen un custo de nove mil euros ao ano por persoa.
-Ahora que sabemos o custo do problema, ¿é máis rendible a inversión en prevención, aínda que saia cara, que ter que asumir estes custos?
-É algo que temos que ver e que comprobaremos noutro estudo que temos en marcha. Pero a miña opinión particular é que si, que os programas de prevención sen dúbida son rendibles. Este tipo de programas son os que máis se recortaron durante a crise, cando sabemos que en situacións de recesión económica o consumo de drogas é maior entre a poboación. Habería que facer máis fincapé nas políticas preventivas.