O inesquecible Tonecho familiarízase co A1 que sortea La Voz
08 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Roberto Vilar (Xove, 1971), o inesquecible Tonecho, fixo esta semana un oco na súa axenda para coñecer o Audi A1 da promoción de La Voz.
-¿En que andas metido?
-Estou polos teatros de toda Galicia facendo o show A cabeza non para. Quédannos dúas funcións, hoxe en Vilagarcía e o vindeiro sábado, día 15, no Teatro Colón da Coruña.
-¿En que consiste?
-É un show que traslada un pouco o programa Land Rober, a base de sketchs e personaxes. Participa moito o público e como deu xogo en televisión decidimos trasladalo aos teatros.
-¿Prefires estar nas táboas, ante o público, ou diante dunha cámara?
-A min o que me interesa é o directo. Para o meu humor e o meu xeito de expresarme necesito ao público, a improvisación... É un risco bonito.
-Achégase o verán. ¿Que tes pensado facer?
-Estarei por Galicia. Teño unha nena de tres anos e a ver que quere facer ela. A miña praia favorita é a de Portocelo, en Xove, é a máis bonita do mundo. Eu o único que necesito é bo tempo, son de sol.
-¿Que che parece o Audi A1 que sortea La Voz?
-Unha sorte criminal para quen lle toque, tal e como está a cousa... Agora por comprar o xornal podes gañar un coche. ¡Quen o pillase!
-¿Na estrada vas tranquilo ou es de pisarlle?
-Intento gastar pouco combustible. Ou sexa, eficiencia enerxética. Creo que non hai necesidade de gastar de máis.