Atrapada

Sara Veiga Beceiro

SOCIEDAD

E oes todo o que din ao teu redor, e sénteste pequena e fráxil. Non podes nin tes forzas para falar. Cada palabra do doutor é unha forte ameaza á túa vida. Non logras berrar, estás atrapada nun corpo, no teu corpo... e ninguén che fai caso, non te entenden.

E pasas o día soñando, sen poder abrir os ollos, escoitando a túa familia, aos amigos falarche como se foses ti a que decidiras sacarte daquel estado, como se ti tomaras aquela importarte decisión: seguir ou non seguir. Pasas as horas recordando aqueles días da túa infancia, aquelas camiñadas polas Fragas do Eume, aqueles días de praia e sol, o teu primeiro bico, os nervios da selectividade e o orgullo de entrar na carreira dos teus soños. Tamén grandes decepcións e días tristes. Pero quédaste cos bos momentos e véñenche á cabeza días inesquecibles, abrazos, cartas, conversacións, promesas, secretos, ilusións... Acórdaste de todo... Si, querías ser alguén neste mundo, querías ser escritora e facer á xente feliz lendo as túas novelas, querías viaxar por todo o mundo, querías casarte co príncipe dos teus soños, ter fillos, ser feliz...

E agora, non podes moverte, berrar, levantarte e seguir como che gustaría. Non podes, ninguén o entende, non logran oírme, parezo invisible. E choras, aínda que as túas lágrimas non aparecen polas túas meixelas. Arruínache todo, todas as túas metas e soños... Pero, ¿onde comezou todo? ¿Por que estás aquí? E lémbraste de absolutamente todas as palabras... unha noite tola de festa, nunca debiches facerlle caso a aquela persoa da que colliches iso, aínda máis sen coñecela... nunca, porque agora estás aquí, sola, pequena e fráxil.

E pensas cada vez con máis intensidade; se me curo non volverei nunca máis a poñer en risco a miña saúde nin a miña vida; porque só hai unha, e as persoas non merecen acabala así, coma eu... e coma outros millóns máis.