«Non hai un prezo fixo, depende da cantidade que teña o comprador»

La Voz

SOCIEDAD

Ramón Iglesias vive en Casas Vellas, unha aldea de Guitiriz, e leva vinte anos dedicado ás setas.

-¿Vén moita xente a traerlle setas?

-Moita. Sobre todo as fins de semana.

-¿E saben tratalas? Porque vese a algunha xente levándoas en bolsas de plástico...

-Hai de todo. Moitos non saben e trátanas mal, pero tamén o pagan, porque non valen o mesmo. Pero hai moita xente que leva anos e sabe moi ben o que fai... collen a seta con coidado e lévana nos cestos, que polos buratos van caendo as esporas. Hai xente que gaña moitos cartos.

-Vostede compra setas aos «recolectores» e véndellas aos «almacéns». Dos que hai nesta zona, ¿cal prefire?

-Depende. Con uns sabes que tes o diñeiro seguro pero non pagan moito, outros esixen que o producto sexa de primeira calidade, outros fan máis a vista gorda... Non hai un prezo fixo, depende da cantidade que teña o comprador, da necesidade que teña e do material que leves.

-¿Como vai este ano?

-Tardaron en saír, pero ao mellor chegamos a Nadal coas setas.

-¿E os prezos?

-Pagaron o boleto de mellor calidade ata a dez euros o kilo.