O PEN Clube e o colectivo Xantares inician unha serie de encontros gastronómicos e literarios

La Voz C. F. | SANTIAGO

SOCIEDAD

11 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

?oñer de relevo a cociña e a literatura galegas e o que teñen de relación entre elas é o obxectivo dos Xantares literarios que a finais do presente mes darán comezo en Compostela, coa organización do Pen Clube, do colectivo de restauradores galegos Xantares e co patrocinio da Consellería de Cultura. A iniciativa ten doble sentido, segundo Luís González Tosar: por unha banda recuperar a intensa relación que as letras galegas mantiveron coa cociña, por outro achegar a escritores e restauradores galegos para ampliar a relación e para que literatura e gastronomía sigan a facer viaxe xuntas. Están programados sete encontros en outros tantos restaurantes galegos. En cada xornada haberá un homenaxeado, comezando inevitablemente por Álvaro Cunqueiro, un xantar e, na sobremesa, unha lectura de obras do homenaxeado e máis dos concorrentes. A serie percorrerá en semanas sucesivas, do 29 de marzo en adiante, a xeografía galega aproveitando os distintos establecementos vencellados a Xantares. Deste xeito, comezará no Restaurante Roberto, en Vedra, para seguir o 7 de abril cunha cea no Chef Rivera, de Padrón, onde se falará de Rosalía de Castro e Camilo José Cela. Continuará a xeira o 14 de abril en Mos, Vigo, na Casa Alfredo coa homenaxe a Jorge Víctor Sueiro. Na semana seguinte o encontro terá lugar no Alameda 10, en Pontevedra, baixo a advocación de Xosé María Castroviejo e Antonio Odriozola. En Ourense, o 28 de abril, serán Ramón Otero Pedrayo e Xaquín Lourenzo no restaurenta Galileo. A penúltima xornada programada será en A Estrada, Restaurante Nixon, para homenaxear a Ángel Muro e Cipriano Torre. O último encontro previsto será en Oleiros, restaurante El Refugio, para falar, de Emilia Pardo Bazán e Manuel María Puga, Picadillo . Os autores invitados a estes encontros prodecente tanto dos ámbitos literarios como da cociña: escritores, xornalistas gastronómicos, directores de medios de comunicación, propietarios de adegas galegas e algúns dos principais restauradores galegos.