Un acto de confraternización

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

O banquete de Conxo puido ser como a acampada nunha praza do seu tempo. O acto, celebrado no que en aquel tempo, 1856, aínda era concello propio, quería servir de confraternización entre os estudantes composteláns e os operarios e traballadores da cidade, maioritariamente artesáns. A reunión de dous clases tan diferentes foi tomada nas institucións compostelás como un acto revolucionario próximo ás intencións socialistas e foi recibido con moito medo e contestado cun proceso xudicial, coa intervención da Igrexa e, segundo algunhas fontes, co envío de soldados da gornición compostelá a rodear o local no que se celebrou o xantar e o brinde de Eduardo Pondal e Aguirre.