10 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.
Manuel Caamaño ten 95 anos. Ós doce comezou a ser oleiro. O seu pai sentouno nun torno e ata hoxe. _¿Como foron os seus comezos? _Eu aprendin só. Non me ensinou ninguén. Os catro meses xa gañaba para comer. Despois pasei a gañar un real daqueles tempos. Non era moito, pero eu estaba moi contento con el. _¿O pobo estaba marcado polos oleiros? _En Buño moita xente había que se adicaba a isto. Todos eran oleiros. _¿Como traballaban cando vostede empezou? _Eu estiven en cantas casas había. Ía a elas e facía o que me pedían. Logo empezei a facer outras cousas porque déuseme ben e saín un bo oleiro. Todo o mundo me quería e traballei en moitas casas. Antes vendíase máis, viñan de Santa Comba a buscar pezas a cabalo.