Noraboa en O Pino

M.M. SANTIAGO / LA VOZ

O PINO

As irmás Debris e Demeku Paniagua, convocadas para a Selección Española sub 20 

23 dic 2025 . Actualizado a las 09:06 h.

 Noraboa en O Pino

Dende o Concello do Pino felicitaron ás irmás Debris e Demeku Paniagua, atletas do Club Atletismo O Pino, pola súa convocatoria coa Selección Española sub-20 para participar no Campionato do Mundo de Campo a través, que se celebrará o vindeiro 10 de xaneiro do 2026 en Tallahassee (Estados Unidos). Deséxanlles moita sorte nesta cita histórica e mostran o seu orgullo por levar o nome do municipio do Pino ao máis alto nivel do atletismo mundial. Coa convocatoria, as irmás cumpren un dos seus grandes soños deportivos e situanse entre as mellores do panorama internacional.