Protestas do persoal de Feiraco para a sinatura do novo convenio

negreira / la voz

NEGREIRA

23 jun 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Os comités de empresa da leiteira de Negreira Feiraco inician hoxe mobilizacións para esixir a sinatura do novo convenio colectivo dos traballadores da cooperativa. A primeira protesta vai ter lugar hoxe á unha da tarde diante das instalacións do complexo de Pontemaceira (Ames), despois de acordar o inicio de mobilizacións porque levan catro anos cos salarios conxelados, e Feiraco para asinalo convenio pretende suprimir dereitos como a antigüidade e introducir novas condicións que implicarían, entre outras cousas, desregular a actual xornada. Os traballadores levan sen convenio dende o 2012 o que implica non ter ningunha actualización salarial ou revisión das condicións laborais.