«É unha experiencia moi interactiva»

La Voz

DODRO

María Blanco Crespo, licenciada en Filoloxía Galego¿Portuguesa e comisaria da exposición

10 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

María Blanco, licenciada en Filoloxía Galego¿Portuguesa e natural de Pontemaceiras, en Ames, leva dende o 2 de abril percorrendo a provincia coruñesa en compañía da exposición sobre frai Martín Sarmiento. O seu traballo ó fronte desta mostra rematará o próximo 4 de xuño no concello de Dodro. ¿¿Como fai para atraer a atención dos rapaces, dado que o tema da mostra pode resultarlles, en principio, máis ben pouco atractivo? ¿Cóntolles anécdotas, para que se queden atrapados e interesados polo que lles amoso. Son moi participativos. Fan preguntas que un non sabe de onde saen. As láminas gústanlles moito. Algúns dos detalles dos que lles falo saqueinos do libro de Carlos Casares. ¿¿E que impresión teñen os profesores? ¿Están moi contentos. Xa eles se preocupan de explicarlles antes algo nas clases. Tamén participan á hora de contar anécdotas. É unha experiencia moi interactiva. ¿¿Xa actuou como comisaria noutras exposicións? ¿Non, é a primeira vez. É unha experiencia fantástica porque os rapaces son marabillosos. Respéctante moito. Ademais, nos lugares onde se amosou esta exposición tratáronnos moi ben. Non teño queixa ningunha, todo o contrario, e o certo é que aprendo moitas cousas con eles. Este traballo é algo que te enche moito. ¿¿Hai algunha diferencia á hora de guiar ós nenos de distintas idades? ¿Os maiores necesitan que lles deas máis detalles. Haise que adaptar ás necesidades de cada un dos visitantes da mostra. Incluso nalgúns sitios veu xente adulta a ver a exposición. Non hai rapaces malos, o que pasa é que os de máis idade participan menos, teñen maior timidez. Aparte, a presencia dos profesores garantiza que todos se porten ben.