Ibuprofeno Teatro estrea «Bio construción» en Ames

La Voz

AMES

Santiago Cortegoso e Marián Bañobre protagonizan a peza
Santiago Cortegoso e Marián Bañobre protagonizan a peza Diego Seixo

Ofrecerá funcións tanto o venres como o sábado no Milladoiro

26 feb 2026 . Actualizado a las 04:55 h.

Venres e sábado • 20.30 horas • Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) • 5 euros • A compañía Ibuprofeno Teatro estrea este venres en Ames a súa nova produción, «Bio construción». Trátase dun texto de Santiago Cortegoso para dous actores e unha violonchelista no que a compañía segue explorando o teatro do absurdo. Precisamente, o propio Cortegoso dirixe e interpreta xunto a Marián Bañobre esta peza que emprega a metáfora para falar da existencia na sociedade capitalista contemporánea. Acompáñaos en escena a violonchelista Macarena Montesinos. En Ames haberá dúas funcións.