Os negocios de Bertamiráns recibiron 1.500 euros cada un e un agasallo
17 dic 2025 . Actualizado a las 05:05 h.O Zapateiro e Pés Nus, negocios instalados en Bertamiráns, son os gañadores da oitava edición dos Premios Lingua e Empresa, convocados polo Concello de Ames por apoiar e fomentar o uso do galego na súa actividade profesional. O Zapateiro, firma especializada en reparación de calzado e artesanía en coiro, recibiu o premio na categoría A, que corresponde ao uso consolidado da lingua despois de décadas de traballo, sempre en galego.
A categoría B, establecida para premiar empresas creadas nos dous últimos anos co galego como lingua de uso en todos os aspectos do negocio ou aquelas que apostaron por esta lingua desde ese tempo, foi para o negocio Pés Nús. Cada un dos gañadores recibiu un premio de 1.500 euros. A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a entrega destes premios, promovidos polas concellerías de Normalización Lingüística e Promoción Económica.