Café e 40.000 versos en Ames

A iniciativa desenvolverase do 20 ao 26 de febreiro

.

O Concello de Ames comezou onte mesmo os actos de homenaxe a Rosalía de Castro pendurando unha lona no consistorio como símbolo do compromiso amesán coa figura de Rosalía, que viviu en A Tarroeira. Minutos antes deste acto simbólico, as concelleiras de Normalización Lingüística, Isabel Vaquero, e de Promoción Económica, Isabel González, presentaron un programa no que destaca a iniciativa Café con verso, coa que a partir do día 20 e ata o 26 os establecementos hostaleiros agasallarán aos seus clientes cunha tarxeta coa imaxe de Rosalía de Castro e algún dos seus versos. O Concello encargou 40.000 tarxetas para repartir entre máis de douscentos locais. Na véspera da data do nacemento de Rosalía celebrarase no auditorio de Bertamiráns un acto literario-musical con lecturas, dramatizacións e videocreacións con poemas rosalianos e a música de Najla Shami, xunto a unha lectura de textos de Rosalía nas linguas de veciños de países estranxeiros. Por último, para o 4 de marzo está organizada una excursión pola Ruta Rosaliana.

Votación
0 votos
Comentarios

Café e 40.000 versos en Ames