Ciclo de documentais do colectivo Afonso Eanes

E. forján

A BAÑA

cedida

Proxectaranse en Negreira e en A Baña

11 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O primeiro ciclo de documentais Val de Barcala destaca pola calidade dos filmes seleccionados, tendo en conta que algúns deles pasaron por moitas salas de cine. Ademais, combínanse producións máis grandes con outras que nacen de proxectos colaborativos con menos recursos. En cada proxección estarán presentes os seus directores, polo que o público poderá conversar con eles nun coloquio posterior, segundo o colectivo cultural Afonso Eanes.

En A Baña, as temáticas xirarán ó redor da educación no rural. Unitarias e Facendo escola, o 10 de febreiro; a xestión mancomunal de montes con En Todas as mans, o 24 de marzo e, a megaminería en Galicia con Tesouro de Corcoesto (21 de abril). A Negreira chegarán documentais que teñen que ver co urbanismo, tales como Feísmos? (17 de febreiro); as traballadoras do sector téxtil en Fíos Fóra (10 de marzo); ou o accidente do Alvia en Santiago no ano 2013 con Frankenstein 04155 (7 de abril). As proxeccións serán de balde, mais dende Afonso Eanes poñen en marcha unha entrada solidaria para que os asistentes leven alimentos non perecedoiros que lle serán entregados aos Servizos Sociais dos respectivos concellos.