Boa acollida do libro sobre as «trapicheiras» do Miño

La Voz

SANTIAGO

Natalia Jorge, autora do libro
Natalia Jorge, autora do libro Oscar Vázquez

A obra de Natalia Jorge Pereira coeditada pola USC e o Concello de Santiago acadou dúas reimpresións e catro meses despois da edición orixinal en novembro

07 jun 2026 . Actualizado a las 04:55 h.

O libro «Un formigueiro de mulleres. As ‘trapicheiras’ do Miño», da doutora internacional en Historia pola USC Natalia Jorge Pereira, non só conquistou ao xurado do Premio Xohana Torres de Ensaio 2024, senón tamén aos lectores. A publicación, que foi coeditada pola Universidade de Santiago e o Concello, acadou dúas reimpresións en catro meses (febreiro e xuño de 2026), despois da edición orixinal en novembro do 2025. «Non son, afortunadamente, infrecuentes as reimpresións, o que demostra a capacidade de rotación e retorno de certos títulos impresos, algo que resulta especialmente meritorio no contexto da edición dixital. Pero tres impresións en apenas oito meses é realmente excepcional e fala claramente das calidades e penetración dunha obra cunha diana temática e espazo-temporal moi concreta», destacou o director de Edicións USC, Juan L. Blanco Valdés.